mércores, 14 de decembro de 2016

Reunión 3º e 4º ESO

Reunirémonos na biblioteca o luns vindeiro no recreo.

Charles Edward Perugini (1839 - 1918)


luns, 7 de novembro de 2016

Novo libro para os nosos lectores: O gato negro, de Poe


Edgar Allan Poe: 
O gato negro e outros contos de horror


Relatos de terror que atenazan o lector e onde brilla o xenio literario de Poe, un dos mellores narradores deste xénero.




O corazón delator
A verdade sobre o caso do señor Valdemar
A barrica de amontillado
A mascarada da morte vermella
Hop-Frog
 O pozo e o péndulo
O corazón delator
 A caída da casa Usher


venres, 4 de novembro de 2016

Os barbanzóns, de Pepe Carreiro

Pepe Carreiro é o autor de :


A colección ten varios títulos: 


                 



Premio San Clemente de novela

Alumnado participante como xurado  no 
Premio San Clemente de novela 2016

Woman Writing Letters  (Charles Dana Gibson)

2ºBAC-A
Belén Torres Estévez
2ºBAC-B
Paula Loira Ogando
2ºBAC-C
Isabel Calles Lijó
Ismael Cardalda Vidal
Silvia Costas Mañá
Antón Romaní  Vázquez



O PREMIO FALLARASE O DÍA 8 DE NOVEMBRO 
NO IES ROSALÍA DE CASTRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

mércores, 2 de novembro de 2016

Hoxe reunímonos na biblioteca para falar de Ana Frank

mércores, 5 de outubro de 2016

Esta é a lectura para 1º e 2º de ESO:


 Vémonos o mércores 19 de outubro no recreo na biblioteca.

The Robot King




martes, 27 de setembro de 2016

Comeza un novo curso


A nosa primeira lectura será: 
 Ana Frank. La biografía gráfica
   (Autor do texto: Sid Jacobson, Ilustrador Ernie Colón)

Annelies Marie Frank, máis coñecida como Anne Frank ou Ana Frank, naceu en Frankfurt en 1929 e morreu en 1945, pouco antes de cumprir os dezaseis anos, vítima do nazismo.

   Cando era pequena tivo que abandonar Alemaña xunto coa súa familia fuxindo dos nazis. Mudáronse a Ámsterdan pero, cando en 1940 os Países Baixos foron invadidos polos alemáns, as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes nos Países Baixos.
Ana Frank en 1940

   En 1942, Ana e a súa familia, por mor da persecución dos nazis, tiveron que agocharse no que na Achterhuis (traseira da casa), no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis: en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de agosto de 1944, data en que foron descubertos e detidos por axentes das SS.
O edificio onde se escondían


   Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de Westerbork e logo ao campo de concentración de Auschwitz. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de Bergen-Belsen no norte de Alemaña.

   Alí morreu Margot a causa dunha epidemia de tifo, e uns días despois tamén morreu Anne. As datas das súas mortes deben situarse en marzo de 1945 e os seus corpos descansan posiblemente nunha das fosas comúns do campo. Margot tiña dezanove anos e Anne estaba a piques de facer dezaseis anos.
Esta novela gráfica comeza co matrimonio dos pais de Ana e relata a persecución dos xudeus polo réxime nazi.

mércores, 15 de xuño de 2016

Cómics en galego

O club de lectura comprou este ano, entre outros libros, moitos e moi bos 

cómics en galego. 

A maioría son novidades, recén saídas do prelo. 

Esperamos que vos gusten moito!








luns, 9 de maio de 2016

Reunión na biblioteca (maio)

Carl Larsson (1853-1919), pintor sueco.

 

A próxima reunión será para comentar a novela Dragal, de Elena Gallego Abad.


Carl Spitzweg (1808-1885), pintor alemán

martes, 19 de abril de 2016

Exposición Castelao

 Castelao artista. Os fundamentos do seu estilo (1905-1920).

Castelao: Castiñeiro do val


   Ata o 5 de xuño estará aberta ao público na sala de exposicións temporais do Edificio Sexto do Museo de Pontevedra. Seguro que merece a pena!


"O profundador" (ilustración para Cousas)




xoves, 31 de marzo de 2016

Que relación ten o cruceiro da praza da Leña con Castelao? Por que se lle chamaba "Rúa do rego" á Rúa Real ? Estas e outras moitas cousas aprendemos esta mañá no roteiro Castelao por Pontevedra. Pregúntalle ao alumnado do noso Club de Lectura Bradomín!!

venres, 18 de marzo de 2016

Castelao

Ilustración do propio Castelao para a portada de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, 1922.

 Cincoenta homes por dez reás (1925 )

Portada da 2ª edición. A 1ª publicouna a editorial Céltiga de Ferrol.   

 son cincuenta láminas con cincuenta tristes protagonistas:



A lámina máis triste,  aínda que o protagonista non o pareza é a titulada
"O home que calculaba cantos fillos seus estarán na Inclusa".
Non podemos mostrar a imaxe, pero os entendidos recoñecerán a imaxe na seguinte fotografía de
Cartier-Bresson:


 

martes, 8 de marzo de 2016


100 anos de Roald Dahl

   Roald Dahl naceu en Gales en 1916, de pais noruegueses. Puxéronlle o nome en honor ao explorador Roald Amundsen, considerado héroe nacional en Noruega. 

Retrato do autor con ilustracións de Quentin Blake, ilustrador e escritor británico nacido en 1932.

  Entre os seus libros máis populares están: Matilda, Voando só (unhas divertidas memorias da súa estancia en África traballando na Shell e a súa -curta- intervención na Segunda Guerra Mundial), Charlie e a fábrica de chocolateAs bruxas... 

 

Ilustración de Quentin Blake para Contos en verso para nenos perversos.

 


venres, 4 de marzo de 2016

 

 Elena Gallego Abad: Dragal

   Que acontecería se o dragón de pedra situado na fachada dunha vella igrexa románica cobrase vida?
   E se ese dragón, que garda o segredo dunha profecía milenaria, se encarnase no protagonista dunha serie de novelas fantásticas?
   Cando a xornalista Elena Gallego Abad comezou a escribir unha historia de dragóns ambientada na vida real, para o seu fillo Adrián, non podía imaxinar que aquela primeira novela se transformaría nunha saga con milleiros de lectores, sería traducida a varias linguas e tería proxección no universo audiovisual.




Foi traducida ao inglés, catalán e castelán.

Esperamos que vos guste!

martes, 1 de marzo de 2016

Alicia no país das marabillas

Cento cincuenta (e un) anos da publicación

(1ª edición: 1965)

Laura Barrett, ilustradora inglesa

O máis emblemático -e primeiro- ilustrador desta obra é John Tenniel (1820-1914).

Ilustración de John Tenniel 

 O relato de matemático, lóxico e fotógrafo Charles Lutwidge Dogson (1832-1898), mundialmente coñecido como Lewis Carroll, ten numerosas características que lembran os contos tradicionais.


John Tenniel


Ilustración de Tenniel para The Nursery Alice 
 
Ilustración de Tenniel para The Nursery Alice

 

martes, 23 de febreiro de 2016

Georges Méliès

Un homme de tête, 1898
Naceu en 1861 en París. O filme Le voyage dans la lune, de 1902 foi a primeira película clasificada no Patrimonio Mundial da UNESCO ( no ano 2002).
Ao final da súa vida, acosado polas débedas, estableceu un negocio de xoguetes e lambetadas na estación de Montparnasse. Casou cunha das súas antigas actrices, Jean d'Alcy. 
Paradoxicamente, conserváronse só copias pirateadas ou confiscadas dos seus filmes.

Méliès no seu negocio.


martes, 16 de febreiro de 2016

As 1001 noites

John Frederick Lewis (1804-1876), pintor inglés: Unha dama recibindo visitas , 1873


   A compilación árabe Alf Layla (Mil noites), de mediados do século IX, é probablemente unha tradución da persa Hazar Afsanah (Mil lendas) pero quizais a súa orixe estea na India.
  No mundo anglosaxón a tradución máis coñecida é a de Richard Francis Burton, publicada en dezaseis volumes co título de The Book of the Thousand Nights and a Night ("Libro das Mil Noites e unha Noite"). A diferenza doutras edicións, non foi expurgada e, a pesar de que foi ser publicada na Era Vitoriana, conserva todos os matices eróticos do material orixinal.


John Frederick Lewis: O harén

John Frederick Lewis: Courtyard in the Painter's House in Cairo, 1851         


martes, 2 de febreiro de 2016

 La invención de Hugo Cabret 

Brian Selznick

 
    Brian Selznick (nacido en 1966), é un escritor e ilustrador estadounidense.

Imaxe inspirada no filme
Viaxe á lúa
de  Georges Méliès.

Fotograma de Voyage dans la lune, de Méliès


 

Ilustración de Antonio Seijas para Cartas de inverno: a novela gráfica

Comentario á novela Cartas de inverno 

   Este libro gustarache se es amigo da intiga e do misterio. O que máis me sorprendeu foi como un libro puido facerme sentir un dos personaxes porque me causaba tamén a min ese medo e angustia que eles tiñan durante a historia. Nunca pensei que me ía gustar tanto.
   Recomendaría este libro a todos os meus amigos e compañeiros, ata aos que non lles gusta ler, xa que estou segura de que este libro os engancharía (…).
                                                          Nuria Rodríguez 
                                                               2ºESO B