xoves, 31 de marzo de 2016
venres, 18 de marzo de 2016
Castelao
Ilustración do propio Castelao para a portada de Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete, 1922. |
Cincoenta homes por dez reás (1925 )
Portada da 2ª edición. A 1ª publicouna a editorial Céltiga de Ferrol.
son cincuenta láminas con cincuenta tristes protagonistas:
A lámina máis triste, aínda que o protagonista non o pareza é a titulada
"O home que calculaba cantos fillos seus estarán na Inclusa".
Non podemos mostrar a imaxe, pero os entendidos recoñecerán a imaxe na seguinte fotografía de
Cartier-Bresson:
martes, 8 de marzo de 2016
100 anos de Roald Dahl
Roald Dahl naceu en Gales en 1916, de pais noruegueses. Puxéronlle o nome en honor ao explorador Roald Amundsen, considerado héroe nacional en Noruega.
Retrato do autor con ilustracións de Quentin Blake, ilustrador e escritor británico nacido en 1932. |
Entre os seus libros máis populares están: Matilda, Voando só (unhas divertidas memorias da súa estancia en África traballando na Shell e a súa -curta- intervención na Segunda Guerra Mundial), Charlie e a fábrica de chocolate, As bruxas...
Ilustración de Quentin Blake para Contos en verso para nenos perversos. |
venres, 4 de marzo de 2016
Elena Gallego Abad: Dragal
Que acontecería se o dragón de pedra situado na fachada dunha vella igrexa románica cobrase vida?
E se ese dragón, que garda o segredo dunha profecía milenaria, se encarnase no protagonista dunha serie de novelas fantásticas?
Cando a xornalista Elena Gallego Abad comezou
a escribir unha historia de dragóns ambientada na vida real, para o seu
fillo Adrián, non podía imaxinar que aquela primeira novela se
transformaría nunha saga con milleiros de lectores, sería traducida a
varias linguas e tería proxección no universo audiovisual.
Foi traducida ao inglés, catalán e castelán.
Esperamos que vos guste!
martes, 1 de marzo de 2016
Alicia no país das marabillas
Cento cincuenta (e un) anos da publicación
(1ª edición: 1965)
Laura Barrett, ilustradora inglesa |
O máis emblemático -e primeiro- ilustrador desta obra é John Tenniel (1820-1914).
Ilustración de John Tenniel |
O relato de matemático, lóxico e fotógrafo Charles Lutwidge Dogson (1832-1898), mundialmente coñecido como Lewis Carroll, ten numerosas características que lembran os contos tradicionais.
John Tenniel |
Ilustración de Tenniel para The Nursery Alice |
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)