martes, 23 de febreiro de 2016

Georges Méliès

Un homme de tête, 1898
Naceu en 1861 en París. O filme Le voyage dans la lune, de 1902 foi a primeira película clasificada no Patrimonio Mundial da UNESCO ( no ano 2002).
Ao final da súa vida, acosado polas débedas, estableceu un negocio de xoguetes e lambetadas na estación de Montparnasse. Casou cunha das súas antigas actrices, Jean d'Alcy. 
Paradoxicamente, conserváronse só copias pirateadas ou confiscadas dos seus filmes.

Méliès no seu negocio.


martes, 16 de febreiro de 2016

As 1001 noites

John Frederick Lewis (1804-1876), pintor inglés: Unha dama recibindo visitas , 1873


   A compilación árabe Alf Layla (Mil noites), de mediados do século IX, é probablemente unha tradución da persa Hazar Afsanah (Mil lendas) pero quizais a súa orixe estea na India.
  No mundo anglosaxón a tradución máis coñecida é a de Richard Francis Burton, publicada en dezaseis volumes co título de The Book of the Thousand Nights and a Night ("Libro das Mil Noites e unha Noite"). A diferenza doutras edicións, non foi expurgada e, a pesar de que foi ser publicada na Era Vitoriana, conserva todos os matices eróticos do material orixinal.


John Frederick Lewis: O harén

John Frederick Lewis: Courtyard in the Painter's House in Cairo, 1851         


martes, 2 de febreiro de 2016

 La invención de Hugo Cabret 

Brian Selznick

 
    Brian Selznick (nacido en 1966), é un escritor e ilustrador estadounidense.

Imaxe inspirada no filme
Viaxe á lúa
de  Georges Méliès.

Fotograma de Voyage dans la lune, de Méliès


 

Ilustración de Antonio Seijas para Cartas de inverno: a novela gráfica

Comentario á novela Cartas de inverno 

   Este libro gustarache se es amigo da intiga e do misterio. O que máis me sorprendeu foi como un libro puido facerme sentir un dos personaxes porque me causaba tamén a min ese medo e angustia que eles tiñan durante a historia. Nunca pensei que me ía gustar tanto.
   Recomendaría este libro a todos os meus amigos e compañeiros, ata aos que non lles gusta ler, xa que estou segura de que este libro os engancharía (…).
                                                          Nuria Rodríguez 
                                                               2ºESO B