luns, 27 de marzo de 2017

Club de lectura Bradomín
3º e 4º de ESO
Frank Shepard Fairey
Reunión luns 3 de abril,

no recreo, na Biblioteca.

luns, 13 de marzo de 2017

venres, 10 de marzo de 2017

Will Eisner

The Spirit

   Cúmprese o centenario do nacemento do xenial autor de novelas gráficas, que naceu en Brooklyn, Nova York, en 1917 e morreu en Lauderdale Lakes, Florida, en 2005.



    Eisner comezou con The Spirit, “aquel superheroe enmascarado, seductor, algo parvorote e sen poderes, un antiheroe máis ben”, como di  o articulista Borja Hermoso nun artigo recente. Segundo dicía o propio Eisner, Spirit é “un mozo de clase media que loita contra o crime”.



  Cando publicou o seu Contrato con deus, en 1978, segundo escribe en El País Borja Hermoso, naceu o cómic para adultos e este fillo de inmigrantes xudeus sen moita fortuna lograba executar o seu plan: “Editar un cómic que, nas tendas de libros, se expoña no departamento de novela e non no de entretemento e libros infantís”.




luns, 6 de marzo de 2017

Leer de André Kertész



O fotógrafo húngaro Kertész publicou On reading en Nova York en 1971.
Kyoto, Xapón, 1968


É unha serie de fotografías tomadas ao longo de varios anos (entre 1915 e 1970) en Europa, Asia e  Estados Unidos, por Kertész, que naceu en Budapest en 1894 e morreu en Nova York en 1985.
Kertész era fillo dun libreiro.
Nova York, 1963
 Cartier-Bresson dicía que calquera cousa que tivesen feito el ou Capa Kertész xa o tiña feito antes.

Displaced People, Budapest, 1916


venres, 3 de marzo de 2017

Libros!


(Aleksandr Ródchenko, 1925)

   Cartel de 20’4 x 29’2 cm para a oficina Estatal de Leningrado, que serviu tamén de anuncio para a sección da Gozizdat (Imprenta Estatal) de Leningrado, cuxo acrónimo é Lengiz (ленгиз), a palabra que aparece repetida enriba e debaixo da foto. E o que a muller está berrando significa: Libros de todas as ramas do coñecemento (книги по всем отраслям знания). A muller da fotografía é Lilija Brik, fotografiada por Ródchenko en 1924.


   Lili Brik (en ruso : Лиля Юрьевна Брик, Lilia Iourievna Brik).
Naceu en Moscú en 1891  e morreu en1978: escritora, directora e productora cinematográfica.