Francesca Woodman, fotógrafa estadounidense, (1958-1981)
martes, 22 de decembro de 2015
venres, 18 de decembro de 2015
Os domingos, maiormente,
as parellas pasean collidas
da man.
Ou quedan nos coches
en estrañas posturas á vista
da xente.
Ás veces míroas
con envexa
mentres sorrín.
Son momentos de debilidade,
recoñézoo.
Se foran parrulos
botaríalles migallas de pan.
Kiko Neves, Ruído de motos, 1969
Ruth Matilda Anderson: Aia, 1926
xoves, 3 de decembro de 2015
Rosalía de Castro
Unha vez tiven un cravo
Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
y eu non m´acordo xa s´era aquel cravo
d´ouro, de ferro ou d´amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto m´atrmentou,
qu´eu dia e noite sin cesar choraba
cla chorou Madalena na Pasión.
"Señor, que todo ó podeles
-pedinlle unha vez a Dios-
dáme valor pr´arrincar d´un golpe
cravo de tal condiçón".
E doumo Dios e arrinqueimo
mais…¿quén pensara?…Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qu´era delor;
soupen so que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica… seica tiven soidades
d´aquela pena… ¡Bon Dios!
Este barro mortal qu´envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!.
Rosalía por Encausse. Santiago, década dos 60 do s.XIX" por Encausse
Rosalía por Encausse. Santiago, década dos 60 do s.XIX" por Encausse
Acta de bautizo de Rosalía:
En veinte y cuatro de
febrero de mil ochocientos treinta y siete, María Francisca Martínez,
vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé
solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y para que así conste, lo firmo.
José Vicente Varela y Montero
martes, 1 de decembro de 2015
martes, 24 de novembro de 2015
Fran Alonso
Naceu en Vigo en
1963. Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de
Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó
xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende
1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.
Deuse a coñecer en
1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler,
unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994
publica Cemiterio de elefantes, unha
colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que
explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas
individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que
afectan a todo o conxunto social.
Como poeta é autor
dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A
vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas
entregas: Tortillas para os obreiros
en 1996, Subversións en 2001. O seu
último poemario constitúeo Balada
solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe
figurativa do fotógrafo portuense Renato
Roque.
A súa obra
narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o
galego o Polgariño de Charles
Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o
libro Mini.relatos, publicado pola
Librería Cartabón (1999), onde participaron vinte e sete autores galegos novos.
Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa
Abismos.
Benvida ao alumnado de 2º ESO
Damos á benvida ao Club de lectura o alumnado de 2º ESO
Alonso
Castillo, Breogán (2ºC)
Barbadillo
Maquieira, Ion (2ºC)
Franco
Echeverri, Alejandro (2ºC)
García
Lorenzo, Pedro (2º C)
García
Lores, Carlos (2ºA)
García
Méndez, Laura (2º C)
Gutiérrez
Durán, Jorge (2º C)
Manso
García, Alejandra (2ºB)
Portela
Fernández, Alba (2ºC)
Rodríguez
Ces, Nuria (2º B)
Agardamos que o pasedes moi ben connosco!
E, xa sabedes, tamén é importante saber ver entre liñas:
venres, 6 de novembro de 2015
Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz obtivo o
Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con "O unico que queda é
o amor".
Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en
1947. É un escritor e pedagogo galego. Diplomouse en enxeñería industrial
mecánica, licenciouse en Ciencias da
Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario.
Xubilouse en 2007.
Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave
da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras
publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras
que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao
portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos
premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se
atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén
foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra
da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009. Obtivo o Premio Nacional
de Literatura Infantil y Juvenil con O
unico que queda é o amor.
martes, 3 de novembro de 2015
Subscribirse a:
Publicacións (Atom)