martes, 24 de novembro de 2015



Fran Alonso




   Naceu en Vigo en 1963. Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

   Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

   Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

   A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron vinte e sete autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos.

Benvida ao alumnado de 2º ESO








 


Damos á benvida ao Club de lectura o alumnado de 2º ESO



Alonso Castillo, Breogán (2ºC)
Barbadillo Maquieira, Ion (2ºC)
Franco Echeverri, Alejandro (2ºC)
García Lorenzo, Pedro (2º C)
García Lores, Carlos (2ºA)
García Méndez, Laura (2º C)
Gutiérrez Durán, Jorge (2º C)
Manso García, Alejandra (2ºB)
Portela Fernández, Alba (2ºC)
Rodríguez Ces, Nuria  (2º B)

Agardamos que o pasedes moi ben connosco! 
E, xa sabedes, tamén é importante saber ver entre liñas:

luns, 23 de novembro de 2015

A poesía non morde

poetizate-fran alonso-9788499142500 

Este é o  novo libro que imos ler. 

Sorprenderate!


venres, 6 de novembro de 2015




Agustín Fernández Paz (AELG)-1.jpg



Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con "O unico que queda é o amor".


  Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947. É un escritor e pedagogo galego. Diplomouse en enxeñería industrial mecánica,  licenciouse en Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Xubilouse en 2007.
   Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con O unico que queda é o amor.



martes, 3 de novembro de 2015

Cartas de inverno

O luns día 9 de novembro reunirémonos para comentar Cartas de inverno.