luns, 3 de decembro de 2018

Vídeos elaborados polo noso Club no curso pasado



Marjane Satrapi: Persépolis





Agatha Christie: A rateira




venres, 30 de novembro de 2018

As lecturas do noso Club

Manuel Núñez Singala: O achado do castro


Este é o comentario que aparece na páxina da Editorial Galaxia:
   O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un “Latín” un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.

Robert M. Sonntag: El gremio secreto de los libros



   En 2035 xa non hai libros impresos, nin xornais, nin revistas. Un thriller sobre o futura da era dixital e unha crítica ao mundo dos nosos días.
   Quen non se lembra da novela de Ray Bradbury Farenheit 451 (1953) e da adaptación cinematográfica homónima de François Truffaut (1966)?

Gabriel Janer Manila: He jugado con lobos



Nesta novela cóntasenos a historia dun neno de cinco anos, vendido polo pai a un pastor, que viviu en salvaxe compaña durante trece anos. Con ecos de Rudyard Kipling (El libro de la selva, 1894), fainos recordar o informe inesquecible de Jean Itard (Mémoire et Rapport sur Victor de l'Aveyron, 1806) e a extraordinaria película L'enfant sauvage de François Truffaut (1970). 
   Hoxe, coas nosas lecturas, repasamos a filmografía de François Truffaut, un director que sempre merece a pena.

Búscaas na Biblioteca!




luns, 29 de outubro de 2018

Reunión Club lectura (1º ESO)

Reunión do noso Club

Fernando Vicente: ilustración para  Cumes borrascosos, de Emily Brontë

O próximo mércores 31, no recreo, na aula 1.

Reunión do alumnado de 1º de ESO que pertence ao Club.


luns, 1 de outubro de 2018

Apúntate ao club!

Un novo curso comeza!


Ilustración de Karine Daisay

   Xuntámonos para ler libros e participar en actividades diversas (saídas educativas, roteiros, visitas a lugares de interese…).

Podemos facer vídeos, podes publicar no Blog...

   Reunímonos nun recreo cada quince días e comentamos os libros e programamos actividades divertidas.

   Non pasa nada se faltas algún día e os libros non hai que compralos.

Apúntate na Biblioteca!

martes, 15 de maio de 2018


María Victoria Moreno e Pontevedra


Vídeo elaborado coa colaboración do alumnado de PMAR e do Club de Lectura Bradomín a partir do roteiro sobre María Victoria Moreno en Pontevedra

luns, 12 de marzo de 2018

Odd y los gigantes de escarcha


Neil Richard Gaiman



 (Naceu Portchester, Inglaterra, 1960)


   Neil Gaiman é autor  de banda deseñada e de relatos de  fantasía. 
Chris Riddell ilustrou máis obras del.


A súa creación máis famosa é a serie de comics The Sandman.

   The Sandman é unha serie de historietas ilustrada por una ampla gama de artistas de variados estilos, publicada por DC Comics.


Outros libros destacados son:


Odd y los gigantes de hielo

The Graveyard Book


Non está publicado en España.


Trata sobre a estraña vida de Owens Ninguén.

Nobody Owens

Esperamos que vos gusten!



martes, 9 de xaneiro de 2018

A raíña do crime

Agatha Christie (1890-1976)

   Escritora inglesa de novelas de misterio, unha das máis lidas de todos os tempos.
The young Agatha playing the mandolin, aged 8 in 1898.
    Tamén escribiu novelas románticas baixo o pseudónimo de Mary Westmacott.
Agatha-Christie-escribió-novelas-románticas-bajo-el-seudónimo-de-Mary-Westmacott
Foi coñecida coma a “raíña do crime”.
Surfing in South Africa, in Muizenberg, a suburb of Cape Town, in February 1922.
Foi unha das primeiras mulleres que fixeron surf en Inglaterra.
A maioría dos seus  relatos foron adaptados ao cine, á televisión ou ao teatro, algúns en máis dunha ocasión.
Resultado de imaxes para a ratoeira agatha christie