A nosa primeira lectura será:
| Ana Frank. La biografía gráfica |
| (Autor do texto: Sid Jacobson, Ilustrador Ernie Colón)
Annelies Marie Frank, máis coñecida como Anne Frank ou Ana Frank, naceu en Frankfurt en 1929 e morreu en 1945, pouco antes de cumprir os dezaseis anos, vítima do nazismo.
Cando era pequena tivo que abandonar Alemaña xunto coa súa familia fuxindo dos nazis. Mudáronse a Ámsterdan pero, cando en 1940 os Países Baixos foron invadidos polos alemáns, as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes nos Países Baixos.
|
Ana Frank en 1940 |
En 1942, Ana e a súa familia, por mor da persecución dos nazis, tiveron que agocharse no que na Achterhuis (traseira da casa), no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis: en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de agosto de 1944, data en que foron descubertos e detidos por axentes das SS.
|
O edificio onde se escondían |
Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de Westerbork e logo ao campo de concentración de Auschwitz. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de Bergen-Belsen no norte de Alemaña.
Alí morreu Margot a causa dunha epidemia de tifo, e uns días despois tamén morreu Anne. As datas das súas mortes deben situarse en marzo de 1945 e os seus corpos descansan posiblemente nunha das fosas comúns do campo. Margot tiña dezanove anos e Anne estaba a piques de facer dezaseis anos.
Esta novela gráfica comeza co matrimonio dos pais de Ana e relata a persecución dos xudeus polo réxime nazi. |
| |
Ningún comentario:
Publicar un comentario