As lecturas do noso Club
Manuel Núñez Singala: O achado do castro
Este é o comentario que aparece na páxina da Editorial Galaxia:
O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un “Latín” un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.
Robert M. Sonntag: El gremio secreto de los libros
En 2035 xa non hai libros impresos, nin xornais, nin revistas. Un thriller sobre o futura da era dixital e unha crítica ao mundo dos nosos días.
Quen non se lembra da novela de Ray Bradbury Farenheit 451 (1953) e da adaptación cinematográfica homónima de François Truffaut (1966)?
Nesta novela cóntasenos a historia dun neno de cinco anos, vendido polo pai a un pastor, que viviu en salvaxe compaña durante trece anos. Con ecos de Rudyard Kipling (El libro de la selva, 1894), fainos recordar o informe inesquecible de Jean Itard (Mémoire et Rapport sur Victor de l'Aveyron, 1806) e a extraordinaria película L'enfant sauvage de François Truffaut (1970).
Hoxe, coas nosas lecturas, repasamos a filmografía de François Truffaut, un director que sempre merece a pena.