venres, 6 de novembro de 2015




Agustín Fernández Paz (AELG)-1.jpg



Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con "O unico que queda é o amor".


  Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947. É un escritor e pedagogo galego. Diplomouse en enxeñería industrial mecánica,  licenciouse en Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Xubilouse en 2007.
   Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con O unico que queda é o amor.



2 comentarios:


  1. Este libro gustarache se eres amigo da intiga e do misterio. O que máis me sorprendeu foi como un libro puido facerme sentir un dos personaxes porque me causaba tamén a min ese medo e angustia que eles tiñan durante a historia. Nunca pensei que me ía gustar tanto.
    Recomendaría este libro a todos os meus amigos e compañeiros, ata aos que non lles gusta ler, xa que estou segura de que este libro os engancharía (…).
    Nuria Rodríguez 2ºESO B

    ResponderEliminar

  2. Este libro gustarache se eres amigo da intiga e do misterio. O que máis me sorprendeu foi como un libro puido facerme sentir un dos personaxes porque me causaba tamén a min ese medo e angustia que eles tiñan durante a historia. Nunca pensei que me ía gustar tanto.
    Recomendaría este libro a todos os meus amigos e compañeiros, ata aos que non lles gusta ler, xa que estou segura de que este libro os engancharía (…).
    Nuria Rodríguez 2ºESO B

    ResponderEliminar