mércores, 14 de decembro de 2016

Reunión 3º e 4º ESO

Reunirémonos na biblioteca o luns vindeiro no recreo.

Charles Edward Perugini (1839 - 1918)


luns, 7 de novembro de 2016

Novo libro para os nosos lectores: O gato negro, de Poe


Edgar Allan Poe: 
O gato negro e outros contos de horror


Relatos de terror que atenazan o lector e onde brilla o xenio literario de Poe, un dos mellores narradores deste xénero.




O corazón delator
A verdade sobre o caso do señor Valdemar
A barrica de amontillado
A mascarada da morte vermella
Hop-Frog
 O pozo e o péndulo
O corazón delator
 A caída da casa Usher


venres, 4 de novembro de 2016

Os barbanzóns, de Pepe Carreiro

Pepe Carreiro é o autor de :


A colección ten varios títulos: 


                 



Premio San Clemente de novela

Alumnado participante como xurado  no 
Premio San Clemente de novela 2016

Woman Writing Letters  (Charles Dana Gibson)

2ºBAC-A
Belén Torres Estévez
2ºBAC-B
Paula Loira Ogando
2ºBAC-C
Isabel Calles Lijó
Ismael Cardalda Vidal
Silvia Costas Mañá
Antón Romaní  Vázquez



O PREMIO FALLARASE O DÍA 8 DE NOVEMBRO 
NO IES ROSALÍA DE CASTRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

mércores, 2 de novembro de 2016

Hoxe reunímonos na biblioteca para falar de Ana Frank

mércores, 5 de outubro de 2016

Esta é a lectura para 1º e 2º de ESO:


 Vémonos o mércores 19 de outubro no recreo na biblioteca.

The Robot King




martes, 27 de setembro de 2016

Comeza un novo curso


A nosa primeira lectura será: 
 Ana Frank. La biografía gráfica
   (Autor do texto: Sid Jacobson, Ilustrador Ernie Colón)

Annelies Marie Frank, máis coñecida como Anne Frank ou Ana Frank, naceu en Frankfurt en 1929 e morreu en 1945, pouco antes de cumprir os dezaseis anos, vítima do nazismo.

   Cando era pequena tivo que abandonar Alemaña xunto coa súa familia fuxindo dos nazis. Mudáronse a Ámsterdan pero, cando en 1940 os Países Baixos foron invadidos polos alemáns, as cousas comezaron a se poñer difíciles para os xudeus residentes nos Países Baixos.
Ana Frank en 1940

   En 1942, Ana e a súa familia, por mor da persecución dos nazis, tiveron que agocharse no que na Achterhuis (traseira da casa), no edificio das oficinas do seu pai e ao que se accedía por unha entrada secreta. Compartiron o refuxio con outras catro persoas máis: en total eran oito os ocupantes da “Casa de Atrás”. Durante a súa estancia no agocho, que durou máis de dous anos, Ana relatou todas as súas vivencias no seu diario ata o 4 de agosto de 1944, data en que foron descubertos e detidos por axentes das SS.
O edificio onde se escondían


   Os oito ocupantes do refuxio foron enviados primeiro ao campo de prisioneiros de Westerbork e logo ao campo de concentración de Auschwitz. Un mes máis tarde, Ana e a súa irmá Margot foron deportadas ao campo de Bergen-Belsen no norte de Alemaña.

   Alí morreu Margot a causa dunha epidemia de tifo, e uns días despois tamén morreu Anne. As datas das súas mortes deben situarse en marzo de 1945 e os seus corpos descansan posiblemente nunha das fosas comúns do campo. Margot tiña dezanove anos e Anne estaba a piques de facer dezaseis anos.
Esta novela gráfica comeza co matrimonio dos pais de Ana e relata a persecución dos xudeus polo réxime nazi.