martes, 22 de decembro de 2015



















Francesca Woodmanfotógrafa estadounidense, (1958-1981)

Cartografía               


Cal morto xa 
ou vencido 
falo sen min
 e durmo
no desastre


Debera ser posible

facer mapas do odio
e os húmidos monólogos
 das cisternas
de noite
descrifrar 





Lois Pereiro: Poemas 1891-1991


Francesca Woodman
páxina de Some Disordered Interior Geometries, 1999 

venres, 18 de decembro de 2015

Os domingos, maiormente, 
as parellas pasean collidas 
da man.
 Ou quedan nos coches 
en estrañas posturas á vista da xente.
 Ás veces míroas 
con envexa 
mentres sorrín. 
Son momentos de debilidade,
 recoñézoo. 
Se foran parrulos
 botaríalles migallas de pan.

Kiko Neves, Ruído de motos, 1969




Ruth Matilda Anderson: Aia, 1926




Resultado de imaxes para anna atkins



O amor foi

un trallazo moi forte
que rompeu a
ventá. E quedou rota
para sempre. Eu limpei
do chan
os cristais. Corteime
con eles
en tódolos dedos.

Lupe Gómez, Pornografía






 Imaxe: Anna Atkins (1799-1871), 
botánica inglesa:
1843, British Algae: Cyanotype Impressions


xoves, 3 de decembro de 2015


Rosalía de Castro

 
https://juanangeljuristo.files.wordpress.com/2013/05/rosalc3ada-de-castro.jpg

 

 Unha vez tiven un cravo


Unha vez tiven un cravo
cravado no corazón,
y eu non m´acordo xa s´era aquel cravo 

d´ouro, de ferro ou d´amor.
Soio sei que me fixo un mal tan fondo,
que tanto m´atrmentou,
qu´eu dia e noite sin cesar choraba
cla chorou Madalena na Pasión.
"Señor, que todo ó podeles
-pedinlle unha vez a Dios-
dáme valor pr´arrincar d´un golpe
cravo de tal condiçón".
E doumo Dios e arrinqueimo
mais…¿quén pensara?…Despois
xa non sentín máis tormentos
nin soupen qu´era delor;
soupen so que non sei qué me faltaba
en donde o cravo faltóu,
e seica… seica tiven soidades
d´aquela pena… ¡Bon Dios!
Este barro mortal qu´envolve o esprito
¡quén o entenderá, Señor!.






Rosalía por Encausse. Santiago, década dos 60 do s.XIX" por Encausse
  
Acta de bautizo de Rosalía:
En veinte y cuatro de febrero de mil ochocientos treinta y siete, María Francisca Martínez, vecina de San Juan del Campo, fue madrina de una niña que bauticé solemnemente y puse los santos óleos, llamándole MARÍA ROSALÍA RITA, hija de padres incógnitos, cuya niña llevó la madrina, y va sin número por no haber pasado a la Inclusa; y para que así conste, lo firmo.
José Vicente Varela y Montero

martes, 1 de decembro de 2015

Agardamos que escribades os vosos comentarios sobre os libros.

   Tamén podedes engadir imaxes creadas por vós:

 

Ilustración de Norman Rockwell, pintor estadounidense (1894 – 1978)

martes, 24 de novembro de 2015



Fran Alonso




   Naceu en Vigo en 1963. Estudou filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. A súa carreira como escritor aparece vencellada profesionalmente ó xornalismo e ó ámbito da edición. Foi redactor de Diario 16 de Galicia, e dende 1992 traballa en Edicións Xerais de Galicia.

   Deuse a coñecer en 1991 ó gañar o Premio Blanco Amor con Tráiler, unha novela que xira en torno á vida e mitos dos transportistas. En 1994 publica Cemiterio de elefantes, unha colección de relatos centrados no mundo da noite, e en 1995 Silencio, unha novela curta na que explora a esquizofrenia do mundo urbano. O libro de relatos Males de cabeza fala sobre os problemas individuais que teñen que ver coa neurose socializada e coa ansiedade que afectan a todo o conxunto social.

   Como poeta é autor dunha innovadora e interesante obra dende 1992, cando deu ó prelo Persianas, pedramol e outros nervios. A vontade rupturista e rebelde dos seus poemas está presente nas súas sucesivas entregas: Tortillas para os obreiros en 1996, Subversións en 2001. O seu último poemario constitúeo Balada solitaria, un diálogo entre a linguaxe poética do galego e a linguaxe figurativa do fotógrafo portuense Renato Roque.

   A súa obra narrativa e poética aparecen recollidas en diversas antoloxías. Traduciu para o galego o Polgariño de Charles Perrault, foi un dos animadores das Edicións do Dragón e coordinou e editou o libro Mini.relatos, publicado pola Librería Cartabón (1999), onde participaron vinte e sete autores galegos novos. Foi responsable das coleccións de poesía Ablativo Absoluto e de narrativa Abismos.