martes, 24 de novembro de 2015

Benvida ao alumnado de 2º ESO








 


Damos á benvida ao Club de lectura o alumnado de 2º ESO



Alonso Castillo, Breogán (2ºC)
Barbadillo Maquieira, Ion (2ºC)
Franco Echeverri, Alejandro (2ºC)
García Lorenzo, Pedro (2º C)
García Lores, Carlos (2ºA)
García Méndez, Laura (2º C)
Gutiérrez Durán, Jorge (2º C)
Manso García, Alejandra (2ºB)
Portela Fernández, Alba (2ºC)
Rodríguez Ces, Nuria  (2º B)

Agardamos que o pasedes moi ben connosco! 
E, xa sabedes, tamén é importante saber ver entre liñas:

luns, 23 de novembro de 2015

A poesía non morde

poetizate-fran alonso-9788499142500 

Este é o  novo libro que imos ler. 

Sorprenderate!


venres, 6 de novembro de 2015




Agustín Fernández Paz (AELG)-1.jpg



Agustín Fernández Paz
Agustín Fernández Paz obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con "O unico que queda é o amor".


  Agustín Fernández Paz naceu en Vilalba en 1947. É un escritor e pedagogo galego. Diplomouse en enxeñería industrial mecánica,  licenciouse en Ciencias da Educación e foi profesor de lingua galega no ensino primario e no secundario. Xubilouse en 2007.
   Agustín Fernández Paz é un dos nomes clave da literatura infantil e xuvenil galega, non só polo amplo número de obras publicadas, senón polo seu éxito cos lectores, pola cantidade das súas obras que foron traducidas, en especial ao castelán, ao catalán, ao éuscaro e ao portugués pero tamén ao asturiano, ao francés, ao árabe e ao coreano, e polos premios acadados, tanto de ámbito galego como internacional, entre os que se atopa o Merlín, Lazarillo, o Rañolas ou o Raíña Lupa. Algunhas obras súas tamén foron seleccionadas para a Lista de Honra de IBBY. Foi nomeado Socio de honra da Asociación de Escritores en Lingua Galega en 2009. Obtivo o Premio Nacional de Literatura Infantil y Juvenil con O unico que queda é o amor.



martes, 3 de novembro de 2015

Cartas de inverno

O luns día 9 de novembro reunirémonos para comentar Cartas de inverno.


venres, 30 de outubro de 2015

Curso 2015-2016


Este curso temos dúas seccións no Club de lectura Bradomín: unha formada por alumnado de 3º ESO  PMAR e outra por alumnado de 2ºESO.  En 3º rematamos xa o noso primeiro libro: La invención de Hugo.

sábado, 3 de maio de 2014

Aquí está o novo grupo do Club de Lectura Bradomín que se vén de formar este pasado mes de marzo na biblio do noso centro. Trátase dun grupo de rapazas e rapaces aos que lles encanta ler e compartir as súas lecturas. En menos de dous meses imos xa polo terceiro libro!!!!
Os títulos lidos son os seguintes: Persépolis de Marjane Satrapi; Esto no es justo de Sally Nicholls e Sombras de Marta Rivera de la Cruz.

martes, 1 de abril de 2014

Sesión de lectura de Persépolis na biblioteca