The Spirit
Cúmprese o centenario do nacemento do xenial autor de novelas gráficas, que naceu en Brooklyn, Nova York, en 1917 e morreu en Lauderdale Lakes, Florida, en 2005.
Eisner comezou con The Spirit, “aquel superheroe enmascarado, seductor, algo parvorote e sen poderes, un antiheroe máis ben”, como di o articulista Borja Hermoso nun artigo recente. Segundo dicía o propio Eisner, Spirit é “un mozo de clase media que loita contra o crime”.
Cando publicou o seu Contrato con deus, en 1978, segundo escribe en El País Borja Hermoso, naceu o cómic para adultos e este fillo de inmigrantes xudeus sen moita fortuna lograba executar o seu plan: “Editar un cómic que, nas tendas de libros, se expoña no departamento de novela e non no de entretemento e libros infantís”.

Ningún comentario:
Publicar un comentario