venres, 15 de xaneiro de 2016

Agatha Christie



   Agatha Christie é a escritora de misterio máis coñecida do mundo. Ata o 2003 vendéranse máis de mil millóns de exemplares dos seus libros en inglés e outros mil millóns traducidos a máis de 45 idiomas. Como exemplo do seu éxito internacional, é a escritora que máis libros vendeu en Francia con máis de 40 millóns de exemplares (ata 2003), contra 22 millóns de Émile Zola, o seu competidor máis próximo.


   Christie publicou máis de oitenta novelas e obras de teatro. A maioría das súas novelas e relatos foron levados ó cine, algúns en máis dunha ocasión, como Murder on the Orient Express ou Death on the Nile.
   Leremos unha novela desta autora: Dez negriños.

Portada da 1ª edición da obra (1939)

Estela na tumba da novelista (1890-1976)
 St. Mary's church, Cholsey
 

 


Ningún comentario:

Publicar un comentario