martes, 25 de xaneiro de 2011

Nova lectura de Os Leons: He jugado con lobos


A sección Os Leóns do Club de Lectura Bradomín estase a reunir estas semanas para comentar o libro He jugado con lobos de Gabriel Janer. O libro está baseado na historia real de Marcos, un home nacido no ano 1946 que durante doce anos (dos sete aos dezanove anos) viviu nas montañas de Serra Morena despois de que o seu pai o vendera a un pastor para que lle coidase unhas cabras. Cando morre o pastor, Marcos quédase só, coa única compaña dos animais, cos que comeza unha relación de amistade e supervivencia.
Esperamos os comentarios dos participantes no Club e tamén os de todos os lectores e lectoras que queiran aportar a súa opinión!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario