martes, 25 de maio de 2010

Forum está a ler Persépolis


Persépolis é a historia autobiográfica da iraní Marjiane Satrapi, a historia de como creceu nun réxime fundamentalista islámico que a levaría a abandoar o seu país. O cómic comeza a partires do ano 1979, cando a protagonista ten dez anos e dende a súa perspectiva infantil é testemuña dun cambio social e político que pon fin a máis de cincuenta anos de reinado do sha de Persia en Irán e da paso a unha república islámica.

Ningún comentario:

Publicar un comentario