A sección FORUM do Club de Lectura Bradomin rematou de ler Morning Star. Estes son algúns dos comentarios que fixeron os membros do club:
"Todo empeza nun hostal chamado A Disputa ambientado no século XX: A taberna era atendida pola familia Tasende, formada polo pai, a nai e o seu fillo. Un día chegou un home á Disputa cunha pinta estraña e isto creoulle grande curiosidade ao rapaz, xa que parecía que el e o seu pai se coñecían de antes. A partir de aí comezou a chegar xente de mala calaña.
O libro está ben contado e pódeche gustar se che gustan os libros de misterio e acción. Fala moito de torturas e de sangue e iso a min non me gustou. O que me pareceu máis interesante foi o romance do protagonista "
.............
"Este libro pareceume interesante e ameno. Tiña algunhas palabras difíciles pero de todas as maneiras é fácil de ler. Recomendoo para quen lle gusten as novelas de aventuras. Eu poríalle un sete"
............
"Ao comezo non me gustou e ademáis ten moitas palabras difíciles, pero ao final gustoume moito. Recomendo o libro porque trata sobre Pontevedra e os seus arredores".
.............
"Trata de un rapaz que participa en dúas gavelas de bandoleiros. O libro é un pouco longo pero moi divertido porque as situacións son interesantes. Tamén é un pouco triste nalgúns momentos. Eu recoméndollo a todo o mundo que lle guste a acción porque non se vai aburrir lendoo".
que comentarios mas interesantes e ingeniosos : un beso para casitodos del club bradomín jajajaja
ResponderEliminar