martes, 16 de febreiro de 2010

Morning Star




A sección do Club de Lectura formada polo alumnado de 1º PDC está a ler a novela Morning Star de Xosé Miranda. Trátase dunha novela de aventuras de agradable lectura. O personaxe principal é un rapaz que vive nunha taberna preto de Pontevedra. No libro atopamos crimes, tiros, coitelos, persecucións e gavelas de bandoleiros do século XIX en busca dun tesouro.

2 comentarios: