domingo, 17 de marzo de 2013

Aquí tedes o enlace do
Traballo do Club de Lectura Bradomín para o Día da Muller Traballadora: Mulleres Galegas
 O 27 de febreiro tivo lugar un encontro entre o noso club de lectura "Bradomín" e o club de lectura do IES Antón Losada de A Estrada. Os Retelladores do Galiñeiro visitaron a nosa biblioteca e alí todos xuntos realizamos varias actividades. Esperamos volver a vernos pronto!!
 Unha das actividades  deste curso foi  facer o Roteiro Sarmiento que organiza o Concello. O itinerario deste roteiro percorre a zona vella de Pontevedra durante dúas horas e busca dar a coñecer a etapa de Sarmiento na cidade, a súa infancia e a primeira mocidade. Ademais  diso explícanse moitos dos acontecementos históricos importantes en Pontevedra dende a idade media ata a actualidade. 

xoves, 29 de novembro de 2012

CURSO 2012-13
Retomamos as nosas actividades como club de lectura


Este curso queremos reiniciar, non as lecturas, pois nunca as abandoamos, senón a organización de actividades diversas do noso club de lectura Bradomín.

luns, 20 de xuño de 2011

Festa do Club de Lectura na biblioteca







Despedimos o curso xantando xuntos na nosa biblio. Despois da comida e da charla disfrutamos tamén dunha película. Feliz verán e boas lecturas!



















venres, 17 de xuño de 2011

Entre lobos



A sección Forum do Club de lectura Bradomín asistiu a proxección da película Entre lobos. A continuación tivo lugar o debate donde se comentaron as diferencias co libro (He jugado con lobos), os temas, os aspectos que máis nos sorprenderon ou gustaron...

luns, 6 de xuño de 2011

Forum remata de ler He jugado con lobos

A sección Forum tamén leu, como a sección Os Leóns, o libro titulado He jugado con lobos. O día 13 de xuño veremos a película inspirada neste libro e faremos un debate.