martes, 1 de outubro de 2019

Un novo curso

Comeza un novo curso!

Sempé: ilustración para O Nicolasiño

Se tes ganas de ler...


Carl Larsson (Estocolmo, 1853-Falun,  1919) pintor e deseñador de interiores sueco.


Apúntate na Biblioteca!


Carl Larsson

luns, 28 de xaneiro de 2019

Lectura da 2ª Avaliación: SENLLEIRAS





A novela das mulleres que rachan co silencio.

PREMIO DE NARRATIVA ILLA NOVA 2018 Unha influencer sobe unha foto ás redes sociais onde aparece unha man fantasma. Xusto unha semana máis tarde, a moza é atopada morta. A partir deste fío técense as vidas de varias mulleres de diferentes séculos. Mulleres que tiveron que vivir as súas vidas supeditadas ás dos seus homes, baixo as estritas normas non escritas (ou si) que as sinalaban como inferiores. Mulleres que, cando intentaron recuperar o único que lles pertencía por dereito, a súa vida, viron como ata esta lles podía ser arrebatada.Tempos que semellan totalmente diferentes, pero que non o son tanto. Mulleres senlleiras que merecen ser lembradas.


luns, 3 de decembro de 2018

Vídeos elaborados polo noso Club no curso pasado



Marjane Satrapi: Persépolis





Agatha Christie: A rateira




venres, 30 de novembro de 2018

As lecturas do noso Club

Manuel Núñez Singala: O achado do castro


Este é o comentario que aparece na páxina da Editorial Galaxia:
   O autor lévanos á Roma antiga, mais faino xogando coa lingua obrigando a que os personaxes falen coma nós, con termos de hoxe en día, o que nos leva a situacións moi cómicas desde un “Latín” un chisco especial. Como boa historia romana, hai un emperador, que é de todo agás espelido, soldados, filósofos barbudos e sabios, e… unha historia de amor. Humor, situacións inauditas e, sobre todo, unha lectura engaiolante.

Robert M. Sonntag: El gremio secreto de los libros



   En 2035 xa non hai libros impresos, nin xornais, nin revistas. Un thriller sobre o futura da era dixital e unha crítica ao mundo dos nosos días.
   Quen non se lembra da novela de Ray Bradbury Farenheit 451 (1953) e da adaptación cinematográfica homónima de François Truffaut (1966)?

Gabriel Janer Manila: He jugado con lobos



Nesta novela cóntasenos a historia dun neno de cinco anos, vendido polo pai a un pastor, que viviu en salvaxe compaña durante trece anos. Con ecos de Rudyard Kipling (El libro de la selva, 1894), fainos recordar o informe inesquecible de Jean Itard (Mémoire et Rapport sur Victor de l'Aveyron, 1806) e a extraordinaria película L'enfant sauvage de François Truffaut (1970). 
   Hoxe, coas nosas lecturas, repasamos a filmografía de François Truffaut, un director que sempre merece a pena.

Búscaas na Biblioteca!




luns, 29 de outubro de 2018

Reunión Club lectura (1º ESO)

Reunión do noso Club

Fernando Vicente: ilustración para  Cumes borrascosos, de Emily Brontë

O próximo mércores 31, no recreo, na aula 1.

Reunión do alumnado de 1º de ESO que pertence ao Club.


luns, 1 de outubro de 2018

Apúntate ao club!

Un novo curso comeza!


Ilustración de Karine Daisay

   Xuntámonos para ler libros e participar en actividades diversas (saídas educativas, roteiros, visitas a lugares de interese…).

Podemos facer vídeos, podes publicar no Blog...

   Reunímonos nun recreo cada quince días e comentamos os libros e programamos actividades divertidas.

   Non pasa nada se faltas algún día e os libros non hai que compralos.

Apúntate na Biblioteca!

martes, 15 de maio de 2018


María Victoria Moreno e Pontevedra


Vídeo elaborado coa colaboración do alumnado de PMAR e do Club de Lectura Bradomín a partir do roteiro sobre María Victoria Moreno en Pontevedra