luns, 22 de maio de 2017

Reunión

Reunión grupo 3º e 4º de ESO

Friedrich Overbeck, pintor alemán (1789-1869): Autorretrato

 Reunirémonos para comentar os libros o luns 29 de maio, no recreo, na Biblioteca.

venres, 5 de maio de 2017

Fotos de parte do noso club de lectura facendo o Roteiro Sarmiento por Pontevedra.


luns, 3 de abril de 2017

Reunión 1º e 2º de ESO

Martes, 4 de abril

Reunión 1º e 2º de ESO

André Kertész: Leer (Nova York, 1963)

luns, 27 de marzo de 2017

Club de lectura Bradomín
3º e 4º de ESO
Frank Shepard Fairey
Reunión luns 3 de abril,

no recreo, na Biblioteca.

luns, 13 de marzo de 2017

venres, 10 de marzo de 2017

Will Eisner

The Spirit

   Cúmprese o centenario do nacemento do xenial autor de novelas gráficas, que naceu en Brooklyn, Nova York, en 1917 e morreu en Lauderdale Lakes, Florida, en 2005.



    Eisner comezou con The Spirit, “aquel superheroe enmascarado, seductor, algo parvorote e sen poderes, un antiheroe máis ben”, como di  o articulista Borja Hermoso nun artigo recente. Segundo dicía o propio Eisner, Spirit é “un mozo de clase media que loita contra o crime”.



  Cando publicou o seu Contrato con deus, en 1978, segundo escribe en El País Borja Hermoso, naceu o cómic para adultos e este fillo de inmigrantes xudeus sen moita fortuna lograba executar o seu plan: “Editar un cómic que, nas tendas de libros, se expoña no departamento de novela e non no de entretemento e libros infantís”.




luns, 6 de marzo de 2017

Leer de André Kertész



O fotógrafo húngaro Kertész publicou On reading en Nova York en 1971.
Kyoto, Xapón, 1968


É unha serie de fotografías tomadas ao longo de varios anos (entre 1915 e 1970) en Europa, Asia e  Estados Unidos, por Kertész, que naceu en Budapest en 1894 e morreu en Nova York en 1985.
Kertész era fillo dun libreiro.
Nova York, 1963
 Cartier-Bresson dicía que calquera cousa que tivesen feito el ou Capa Kertész xa o tiña feito antes.

Displaced People, Budapest, 1916