martes, 8 de febreiro de 2011

A escritora María Menéndez Ponte co Club de Lectura Bradomin






Despois da charla no IES Frei Martín Sarmiento a escritora estivo firmando algúns exemplares da súa obra Nunca seré tu héroe. Asistiron á charla os membros da sección Forum do Club de Lectura Bradomín, así coma algúns membros da sección Os Leóns, que quixeron deixar constancia gráfica despois de ter participado na charla-coloquio da autora.

A escritora María Menéndez-Ponte no IES FREI MARTÍN SARMIENTO



O xoves día 3 de febreiro a escritora María Fernández Ponte estivo no noso centro para falar co alumnado de 2º ESO, 3ºESO e 4ºESO C sobre o seu libro Nunca seré tu héroe. A charla foi organizada dende o departamento de Lingua Castelá e resultou interesante segundo as opinións maioritarias dos participantes, que describiron á autora coma unha persoa moi aberta e simpática que contou moitas cousas sobre o seu libro e sobre a súa vida.